Publicado por: xosea | Abril 26, 2009

Galicia

  

Con motivo da visita de alumnas e alumnos bretóns ao noso centro educativo ao longo desta semana, propoñémoslles esta actividade de coñecemento de parte da nosa Comunidade a partir de extractos dun breve artigo publicado -en castelán- polo escritor Suso de Toro en maio de 2007 na revista Siete Leguas, que reproducimos con ligazóns para que o alumnado compoña o seu propio puzzle galaico de informacións básicas e elabore unha especie de tríptico turístico dos lugares que se citan:

“En el norte, en la costa cantábrica, en lugares como la playa de As Catedrais, donde el mar trabajó la piedra de la costa y talló gargantas gigantescas y pasadizas. Realmente las dimensiones impresionan. Esta playa no se llama así verdaderamente, su nombre verdadero es Augas Santas. […] Solamente acercarse a Estaca de Bares, que conserva un pequeño puerto de origen fenicio, y a la punta del cabo es ya un paseo que lo deja a uno aturdido. Sigue ese pedazo de costa hacia Ortigueira, Cariño y Cedeira por carreteras asombradas por eucaliptos. Entre Cariño y Cedeira está la Serra da Capelada, que además de caballos salvajes tiene el pueblo y el santuario de San Andrés de Teixido, en un acantilado a ciento cuarenta metros sobre el mar, que una vez al año es el centro de una gran peregrinación. […] En este lugar nos encontramos con un mito que reaparece en otros lugares de Galicia hasta hacérsenos muy familiar, el mito celta del santo que llega en barca de piedra. La barca en que llegó a esta costa San Andrés, según la leyenda, es hoy una de las islas Gabeiras, una barca que quedó invertida con la quilla hacia arriba. Nos encontramos de nuevo con la misma leyenda en la Costa da Morte, en el lugar de Muxía, donde también hay una gran romería anual al santuario de Nosa Señora da Barca. […] En la Costa da Morte conviene visitar Fisterra, el cabo Finisterre, una gran mole de piedra donde acaba el mundo indoeuropeo. En frente, al otro lado, está New York. Pero la gran leyenda del viaje en barca de piedra es la del hombre santo enterrado en una cueva donde hoy es Santiago.[…] En Galicia todos los caminos llevan a su centro simbólico, a su ombligo, … Santiago. Ese gran sepulcro. Los puertos todos, desde Ribadeo, pasando por A Coruña, Fisterra, Muros, Noia, Pontevedra… todos eran puertos de entrada a los peregrinos por mar. (…) El Camino de Santiago fue una gran arteria, una vía de civilización en toda Europa, aún se conserva el viejo edificio del Hospital, el hospedaje de los peregrinos. Los puertos eran de Santiago y los caminos también.”

* On peut faire notre propre carte.

* Vous pouvez voir des images et des textes sur la Galice maritime, la Galice agricole et la ville de Santiago de Compostela.

* Cherchez des informations sur la Galice,  A Coruña et l‘Espagne et son climat.

Publicado por: xosea | Xaneiro 22, 2008

O relevo

  Podes consultar o tomo 9 da colección “Galicia en comarcas”, correspondente a “A Coruña”, e publicada por La Voz de Galicia en 2005, para introducirte nunha breve descrición do litoral oleirense. Tamén podes seguir o plano guía do concello de Oleiros para ter unha referencia global da recurtada costa do concello, alternando praias e cantís, e para elaborar a cartografía podes partir dos mapas 21-III, 21-IV e 45-I a escala 1:25.000 publicados polo Instituto Geográfico Nacional.

Podes visualizar nunha aplicación do CESGA un mapa físico de calquera lugar de Galicia.

Publicado por: xosea | Xaneiro 22, 2008

A vexetación

Xard�n do castelo de Santa CruzParque de Santa CristinaRecursos naturais de Oleiros

A urbanización no concello de Oleiros ten feito retroceder a vexetación climácica de xeito notable. Só a ventosa costa norte permanece esencialmente cunha vexetación clímax baseada na matogueira atlántica. Alí onde os ventos o permiten, a vexetación arbórea (xa moi introducidas especies como o piñeiro e o eucalipto) medra de xeito espontáneo, á par que a man do home introduce novas especies foráneas e ornamentais. Á beira destas especies, os parques e xardíns urbanos tentan recuperar boa parte da vexetación caducifolia propia da nosa área.

É de sinalar tamén a presenza dalgúns exemplares dentro do catálogo de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, de 22 de marzo.

Non deixedes de consultar a “Ecoguía de Oleiros”, publicada en 1997, e folletos de rotas naturais publicados polo CEIDA.

Ecogua de OleirosItinerario pola costa norte de Oleiros

Publicado por: xosea | Xaneiro 22, 2008

Clima e cambio climático

Táboa de datos climáticosNéboa sobre Mera

O clima da costa oleirense correspóndese cun clima oceánico temperado, cunha certa aridez estival, época na que son frecuentes as situacións anticiclónicas con vento do NL. Elabora un climograma comentado cos datos adxuntos.

Examina o documento informativo que un grupo de expertos emitíu para o Goberno español en novembro de 2007, centrándote no apartado das consecuencias do impacto nas zonas costeiras, e aplicando ó litoral oleirense as conclusións deste informe.

Consulta tamén unha nova publicada en xullo de 2007 no xornal La Voz de Galicia.

Publicado por: xosea | Xaneiro 22, 2008

Os núcleos de poboación

Praia de Santa CristinaUrbanización de CanidePaseo martimo de Mera

A poboación do concello de Oleiros ascendía a 31.264 persoas segundo datos do INE para 1 de xaneiro de 2006. Esta poboación concéntrase maioritariamente no litoral. Consulta a poboación das entidades singulares oleirenses nesa data. Atende especialmente aos núcleos de Xoez, Mera, Santa Cruz, Santa Cristina e Perillo (N e S) – O Seixal, dos que podes visualizar a súa cartografía segundo o Plan Xeral Municipal de 2007.

A expansión dos fenómenos de segunda residencia e o desenvolvemento urbanístico no litoral esixen unha definición dos espazos litorais e das súas funcións. Consulta as disposicións xerais da Lei de Costas, lei 22/1988, de 28 de xullo, para comprobar as servidumes de protección.

Publicado por: xosea | Xaneiro 22, 2008

As actividades económicas

Windsurf en MeraRoteiro pola costa de Dexo O conxunto do concello de Oleiros sofre dende hai décadas unha crecente terciarización, de xeito que as actividades de servizos e comercio, xunto coas de ocio e turismo, gañan terreo a pasos axigantados fronte ás tradicionais da agricultura e pesca. Sen embargo, a pesca mantense como actividade tradicional en portos como os de Mera e Lorbé, igual que a actividade marisqueira atopa emprazamento na ría do Burgo e en Lorbé.

Consulta información do xornal La Voz de Galicia sobre o conflito da ría do Burgo, e amplíaa na edición impresa local de A Coruña correspondente ao 24 de xaneiro de 2008. Tamén podes ver unha galería fotográfica do mesmo xornal, relacionada co tema.

O sendeirismo conta cun “anaco da Costa da Morte” no Norte do concello, en torno ó Monumento Natural da costa de Dexo, declarado como tal pola Consellería de Medio Ambiente segundo o Decreto 101/2000, do 31 de marzo. Podes consultar a información relativa aos valores ecolóxicos deste contorno na páxina do CEIDA. Consulta a información relativa ao PRG-87 na guía da natureza da web “Terra das Mariñas” e visualiza fotografías da mesma en http://www.senderismoybtt.es/Rutas/Senderismo/Coruna/PR-G%2087%20Mera/PR-G%2087%20Mera.htm

Infórmate sobre o cultivo do mexillón en batea, visitando a web do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. O cultivo do mexillón concéntrase neste concello en Demarlosa, empresa que foi autorizada en 1997 a crear un centro de expedición de mariscos no porto de Lorbé.

* Consulta un listado de industrias situadas en Oleiros e identifica aquelas que están no litoral ou instaladas en núcleos costeiros (por ex.: Perillo, Santa Cruz, Mera, Lorbé).

Publicado por: xosea | Xaneiro 20, 2008

A pegada da historia

Castelo de Santa Cruz Recursos culturais de Oleiros No contorno litoral oleirense hai distintos elementos patrimoniais de interese, entre os que cabe citar:

– O castelo de Santa Cruz. Visita a páxina do CEIDA ó respecto.

Tamén se poden consultar as obras:

* J. R. Soraluce Blond (1985): Castillos y fortificaciones de Galicia. Ed. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.

* VV.AA.: Arquitecturas da provincia da Coruña. Ed. Deputación Provincial da Coruña, vol. 1.

– Os distintos faros da costa.

– A Ponte da Pasaxe.

Categorías