Publicado por: xosea | Xaneiro 22, 2008

A vexetación

Xard�n do castelo de Santa CruzParque de Santa CristinaRecursos naturais de Oleiros

A urbanización no concello de Oleiros ten feito retroceder a vexetación climácica de xeito notable. Só a ventosa costa norte permanece esencialmente cunha vexetación clímax baseada na matogueira atlántica. Alí onde os ventos o permiten, a vexetación arbórea (xa moi introducidas especies como o piñeiro e o eucalipto) medra de xeito espontáneo, á par que a man do home introduce novas especies foráneas e ornamentais. Á beira destas especies, os parques e xardíns urbanos tentan recuperar boa parte da vexetación caducifolia propia da nosa área.

É de sinalar tamén a presenza dalgúns exemplares dentro do catálogo de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, de 22 de marzo.

Non deixedes de consultar a “Ecoguía de Oleiros”, publicada en 1997, e folletos de rotas naturais publicados polo CEIDA.

Ecogua de OleirosItinerario pola costa norte de Oleiros


Deixe unha resposta

Your response:

Categorías