![]()
O conxunto do concello de Oleiros sofre dende hai décadas unha crecente terciarización, de xeito que as actividades de servizos e comercio, xunto coas de ocio e turismo, gañan terreo a pasos axigantados fronte ás tradicionais da agricultura e pesca. Sen embargo, a pesca mantense como actividade tradicional en portos como os de Mera e Lorbé, igual que a actividade marisqueira atopa emprazamento na ría do Burgo e en Lorbé.
Consulta información do xornal La Voz de Galicia sobre o conflito da ría do Burgo, e amplíaa na edición impresa local de A Coruña correspondente ao 24 de xaneiro de 2008. Tamén podes ver unha galería fotográfica do mesmo xornal, relacionada co tema.
O sendeirismo conta cun “anaco da Costa da Morte” no Norte do concello, en torno ó Monumento Natural da costa de Dexo, declarado como tal pola Consellería de Medio Ambiente segundo o Decreto 101/2000, do 31 de marzo. Podes consultar a información relativa aos valores ecolóxicos deste contorno na páxina do CEIDA. Consulta a información relativa ao PRG-87 na guía da natureza da web “Terra das Mariñas” e visualiza fotografías da mesma en http://www.senderismoybtt.es/Rutas/Senderismo/Coruna/PR-G%2087%20Mera/PR-G%2087%20Mera.htm
Infórmate sobre o cultivo do mexillón en batea, visitando a web do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. O cultivo do mexillón concéntrase neste concello en Demarlosa, empresa que foi autorizada en 1997 a crear un centro de expedición de mariscos no porto de Lorbé.
* Consulta un listado de industrias situadas en Oleiros e identifica aquelas que están no litoral ou instaladas en núcleos costeiros (por ex.: Perillo, Santa Cruz, Mera, Lorbé).