Publicado por: xosea | Xaneiro 22, 2008

Os núcleos de poboación

Praia de Santa CristinaUrbanización de CanidePaseo marÃtimo de Mera

A poboación do concello de Oleiros ascendía a 31.264 persoas segundo datos do INE para 1 de xaneiro de 2006. Esta poboación concéntrase maioritariamente no litoral. Consulta a poboación das entidades singulares oleirenses nesa data. Atende especialmente aos núcleos de Xoez, Mera, Santa Cruz, Santa Cristina e Perillo (N e S) – O Seixal, dos que podes visualizar a súa cartografía segundo o Plan Xeral Municipal de 2007.

A expansión dos fenómenos de segunda residencia e o desenvolvemento urbanístico no litoral esixen unha definición dos espazos litorais e das súas funcións. Consulta as disposicións xerais da Lei de Costas, lei 22/1988, de 28 de xullo, para comprobar as servidumes de protección.


Deixar un comentario

Categorías